jueves, 15 de mayo de 2014

Cronica

“VIAXE A ALLARIZ”

Sábado, 10 de Maio de 2014: partimos en bus ás 9:00 horas, dende un lugar xa clásico en tódalas viaxes de “Paso Miúdo”, este é a Casa da Cultura. Nesta ocasión e como noutras moitas, paramos a almorzar polo camiño. O lugar elixido foi “A Casa Grande de Nadela” e como o mundo é un pano, chegamos alí ao mesmo tempo que dúas parellas de O Valadouro. Por certo, co café, infusión, … houbo que pediu para mollar unhas madalenas caseiras que estaban riquísimas, eu recoméndoas. Da nosa viaxe en bus, o que máis me gustaron foron as vistas do río Miño cando este se adentra pola terras da provincia de Ourense. E seguindo o curso do río, chegamos a cidade de Ourense coas súas impresionantes pontes, as termas romanas, … e uns poucos kilometros despois, xa estaba Allariz.

Ás 12:30 horas chegamos a Allariz, co río Arnoia e as súas fermosas casa de pedra. Hospedámonos no hostal “Alarico” que ao primeiro nos parecía un nome moi raro pero despois, non deixabamos de ver alaricos por todas partes. Ao chegar repartíronse as chaves dos cuartos e deixóusenos un tempo para acomodarnos. Seguidamente, baixamos ao comedor para xantar unha comida riquísima. E nada máis rematar, xa partimos para a primeira ruta “Do Arnoia”.

Saímos andando dende o hostal, xa que neste fin de semana só empregamos o bus para vir a Allariz e volver para a casa, o resto das veces os nosos desprazamentos foron a pé. Cando empezamos a camiñar, os primeiros metros foron un inferno porque o camiño estaba se segar e tiña unhas herbas altísimas e para colma de males, polas zonas baixas había tamén ortigas. Pasada esta parte, o resto do camiño era moi fermoso e transcorría todo o tempo ao carón do río Arnoia. Aínda que nos cansamos bastante, pola calor que facía e tamén porque estabamos facendo a dixestión en ruta. Vimos unha tartaruga “xigante” que estaba descansando na póla dunha árbore e pouco despois, descubrimos unha máis pequena. Entre todos chegamos a conclusión de que eran nai e filla.

Cando rematamos a ruta, quedamos para cear ás 21:30 horas. Hasta ese momento cada un fixo o que quixo pero a maioría optou por darse unha ducha, saír por Allariz para tomarse algo e coñecer un pouco máis deste lugar.

O sábado estábase a celebrar o concurso de Eurovisión e por iniciativa de Mª Carmen e Angel, fíxose unha “porra”, a persoa que adiviñara a posición na que ia a quedar a representante española, conseguiría de premio a gratuidade na próxima viaxe de “Paso Miúdo”.

Domingo, 11 de Maio de 2014: Erguémonos moi cedo para almorzar porque ás 9:00 horas tiñamos que estar saíndo pola porta. A ruta deste dia chamada “Penama” gustoume moito e pareceume moito máis relaxada e menos cansada ca do dia anterior. Axudounos moito o feito de madrugar tanto porque facía unha temperatura ideal para a nosa travesía. Nesta ocasión a ruta transcorría por camiños de monte e puidemos disfrutar dunhas fermosas vistas dende o alto do monte Penama.

Cando rematamos, quedamos para xantar ás 14:30 horas e hasta ese momento, todos aproveitamos para comprar algo para levar á casa, no meu caso “melindres” e tamén, para despedirnos deste lugar tan marabilloso.

Despois de comida, iniciamos a nosa viaxe de volta. Fíxosenos un pouco longa porque facía moita calor e ademais, estabamos moi cansos despois de madrugar, camiñar, … Paramos dunhas veces, unha para tomar un refresco e ir ao baño e outra, para comprar cereixas. Chagamos a destino ás 19:30 horas.

Allariz é un lugar moi fermoso, cun casco histórico moi ben conservado e polo menos nós, fixemos a firme promesa de regresar o máis pronto que poidamos para visitalo con máis calma e de paso, comprar algo nos seus outlets.

Patricia Rodríguez González

No hay comentarios:

Publicar un comentario